Internacionalización

Programa de Docencia En Inglés

O departamento de Fisioterapia ofrece un programa específico de docencia en inglés para os estudantes procedentes de universidades extranxeiras que chegan a través das diferentes opcións de Mobilidade, coa fin de facilitar a estancia e integración na Facultade de Fisioterapia daquel alumnado que non fala castelán ou galego. Este programa tamén está aberto aos estudantes da UDC que queren mellorar as súas habilidades lingüísticas de cara a futuras mobilidades. Ademais, esta experiencia dálles a opción de compartir a súa formación con estudiantes procedentes doutras realidades culturais, con diferentes formas de ver a fisioterapia e o mundo, de xeito que lles permite vivir una experiencia multicultural sen saír da Facultade.

Code Name ECTS Semester Course
651G01008 General Methods in Physiotherapy 9 1 1
651G01009 Biomechanics 6 1 2
651G01017 Respiratory Physiotherapy 6 2 2
651G01022 Urogynaecology Physiotherapy 6 2 3
651G01035 Clinical Training I 12 1-2 3
651G01036 Clinical Training II 30 1-2 4

International Summer School

A International Summer School ofrece cursos intensivos de tres semanas durante o verán, impartidos por profesorado universitario de recoñecido prestixio nos seus respectivos campos de investigación. Os cursos serán en inglés, permitindo ao alumnado a mellora das habilidades nesta língua e a adquisición de vocabulario específico nun entorno coñecido. O seu valor académico é de 6 créditos ECTS, e aqueles con contidos directamente relacionados co Grao en Fisioterapia serán recoñecidos como optativas. Ademais, posúen o valor engadido de poder compartir formación con estudantes doutras nacionalidades, vivindo un entorno multicultural sen saír da UDC.

Máis información: http://www.iss.udc.es/

Mobilidade Profesorado

A UDC, no seu obxectivo de aumentar a súa internacionalización, promove a mobilidade do profesorado, tanto saínte como entrante. Son especialmente destacables as axudas económicas destinadas á internacionalización dos centros e dos departamentos, que permiten a financiación de iniciativas destinadas á creación ou reforzamento de programas que conleven o establecemento de convenios estables entre a UDC e outras institucións de educación superior. O Departamento de Fisioterapia ten participado nas dúas modalidades de intercambio de profesorado, facilitando a varias persoas do corpo docente a estancia en centros internacionais, tanto europeos como iberoamericanos, e recibindo asimesmo a profesorado doutras institucións. (texto introductorio e 2 enlaces)

  • Mobilidade persoal docente saínte
  • Mobilidade persoal docente entrante
  • Mobilidade Alumnado

    O Departamento de Fisioterapia, en colaboración coa Facultade de Fisioterapia, leva a cabo diversas iniciativas, como o programa de docencia en inglés, apostando así por levar adiante un proceso de internacionalización importante. Consideramos fundamental para o noso estudantado a vivencia dunha experiencia internacional, xa non so polas evidentes vantaxes de aprendizaxe e práctica dunha língua estranxeira, senón pola adaptación cultural que é preciso facer, tanto aos diferentes planos de estudo como ás diversas abordaxes e achegamentos que os fisioterapeutas doutros países fan aos pacientes. A conciencia das diferencias culturais e a adaptación ás mesmas proporcionan ao estudantado unhas habilidades e competencias interculturais moi proveitosas na sociedade actual, onde a mobilidade por cuestións laborais é cada vez máis frecuente, construíndo realidades multiculturais ás que é preciso saber enfrontarse. Queremos formar profesionais cunha mente aberta, respetuosos coa diversidade e proactivos no seu proceso de aprendizaxe. Por todo isto, tanto dende o Departamento como dende a Facultade, se traballa para poder ofrecer aos seus estudantes a posibilidade de cursar materias da titulación noutras universidades, tanto nacionais como estranxeiras.

    Mobilidade Nacional- Programa SICUE

    A finalidade deste programa é a de facilitar aos estudantes de universidades españolas a realización dunha parte dos seus estudos noutra universidade española distinta da súa, con garantías de recoñecemento académico e de aproveitamento, así como de adecuación ao seu perfil curricular.
    Actualmente, a Facultade de Fisioterapia ten convenio coas seguintes universidades:

    • Autònoma de Barcelona
    • Autònoma de Barcelona (Manresa)
    • Autonóma de Madrid (CSEU Lasalle)
    • Extremadura (Badajoz)
    • La Laguna
    • Las Palmas de Gran Canaria
    • Málaga
    • Miguel Hernández de Elche
    • Rey Juan Carlos I
    • Rovira i Virgili
    • Sevilla
    Máis información sobre o programa SICUE: http://www.udc.gal/estudantes/intercambio/

    - Programa ERASMUS+

    Dentro dos programas de mobilidade Erasmus, as modalidades máis importantes son as mobilidades con fin de estudios e as mobilidades coa fin de realizar prácticas. Lembrade que é posible facer varias estancias Erasmus ata sumar un máximo de 12 meses entre todas. Mobilidades con fin de estudos: A Facultade de Fisioterapia ten acordos coas seguintes institucións: (aquí poderiamos engadir os enlaces ás universidades)

    • Eslovenia: Ljubljana - Univerza v Ljubljani - University of Ljubljana Más info
    • Finlandia: Kuopio - Savonia University of Applied Sciences
    • Italia
      • Xénova - Università degli Studi di Genova
      • Módena - Università degli Studi di Modena e Reggio Emilia
    • Polonia: Opole - Politechnika Opolska
    • Portugal:
      • Estoril - Escola Superior de Saúde Do Alcoitão
      • Lisboa - Instituto Politecnico de Lisboa
    • República Checa:Usti Nad Labem - Univerzita Jana Evangelisty Purkyne v Ústí Nad Labem

    O proceso de mobilidade Erasmus e de Convenios bilaterais é xestionado pola Oficina de Relacións Internacionais da Universidade da Coruña e conta coa colaboración da coordinadora do centro, que é a que orienta sobre a temática relativa á validación das materias concretas. Así, toda a información relativa á oferta de prazas, ás convocatorias, aos trámites e ás axudas económicas pódese achar na páxina web da Oficina de Relacións Internacionais (apartado outgoing students): Oficina de Relacións Internacionais.http://www.udc.gal/ori/inf_estudiantes_UDC/mobilidade_internacional/index.html?language=gl

    Convenios bilaterais

    Os convenios bilaterais permiten facer estancias de estudios en países non europeos. A Facultade de Fisioterapia ten convenios con:

  • Brasil: Brasilia - Universidade Católica de Brasilia (UCB)
  • Chile: Concepción - Universidad del Desarrollo
  • O proceso de mobilidade Erasmus e de Convenios bilaterais é xestionado pola Oficina de Relacións Internacionais da Universidade da Coruña e conta coa colaboración da coordinadora do centro, que é a que orienta sobre a temática relativa á validación das materias concretas. Así, toda a información relativa á oferta de prazas, ás convocatorias, aos trámites e ás axudas económicas pódese achar na páxina web da Oficina de Relacións Internacionais: Oficina de Relacións Internacionais. http://www.udc.gal/ori/inf_estudiantes_UDC/mobilidade_internacional/index.html?language=gl

    Outras mobilidades

    Máis información na páxina web da Oficina de Relacións Internacionais: Oficina de Relacións Internacionais. http://www.udc.gal/ori/inf_estudiantes_UDC/mobilidade_internacional/index.html?language=gl


    © Departamento Fisioterapia - UDC 2016